Durante séculos a navegación supuña
enormes riscos para mariñeiros e mareantes pola precariedade dás embarcacións e pola ausencia de sistemas de navegación e sinalizacións. Durante os séculos XVI e
XVII un de cada tres barcos que cruzaba o Atlántico non regresaba, e con él, a
tripulación. Coa ilustración do XVIII
iníciase unha tímida instalación de luminarias nos lugares
máis difíciles para a navegación, a primeira delas na Torre de Hércules en 1791.
O primeiro faro instalado na ría de Vigo foi no monte da Guía, construido en 1844 para sinalizar a entrada o porto de Vigo. A boca da ría iluminouse por primeira vez en 1853 coa instalación da luminaria do Montefaro nas illas Cies. A mediados do século XIX tan so existían en toda a costa española vinte faros que utilizaban lámparas alimentadas con aceite de
oliva, pasando despois a parafina e o petróleo. En 1862 inagurouse o
faro de Silleiro, construído inicialmente o
nivel do mar e sustiuído polo actual, nunha cota máis elevada en 1924. A electrificación iniciase a finais do XIX e a utilizacion de sirenas. O primeiro
faro eléctrico da costa galega e española
foi cabo Vilano en 1881, Finisterre non o sería ata 1931.
Barco embarrancado nunha praia. |
Despois dá guerra civil construense ás luces de enfilación do porto de Canido consistentes nunha torre no mar a altura da Marosa e outra na punta de peirao, obras coas que se remataba a construción deste porto iniciado en 1933. Anos despois, levantaríase o Radio-faro de Cabo Estai, conxunto dotado dunha torre de iluminación, radiofaro e sirena. A torre de Cabo Estai non é un faro con linterna xiratoria, ven a ser unha enfilación que axuda o posicionamento dos barcos mediante unha luz fixa que se proxecta dende un ventanuco. Os radiofaros foron outro instrumento de apoio a navegación que se empezaron a instalar nos anos vinte coa función de transmitir avisos os navegantes.
Radiofaro de Cabo Estai |
A remolque dás sinalizacións desenvolvese o salvamento marítimo, que como tantas outras cousas, chegou a este pais décadas despois da implantación polos países do norte, inicialmente como forma de altruismo benéfico-caritativo. A Sociedad Española de Salvamento de Náufragos fundada en 1880 estableceu as primeiras estacións de salvamento na costa galega en portos como Ribadeo, Ferrol, Coruña, Corrubedo, Vilagarcia, Cambados e Vigo. Seguía o exemplo de Inglaterra onde actuaba dende 1824 a Royal National Lifeboat Institutión.
Anagrama de Sociedade Española de Salvamento de Náufragos. 1880. |
Os naufraxios forman parte da historia máis dramática da xente da beiramar galega, cos que conviviron durante séculos e que deixaron preto de 2000 pecios nos fondos dá nosa costa. Neles perderon a vida centos de mariñeiros, tripulantes e pasaxeiros. Non obstante, aquelas traxedias supuxeron algunha que outra alegría material para os empobrecidos habitantes da costa que se beneficiaban dos restos do naufraxio, e que semella non sempre foran simples accidentes. A día de hoxe mantense certa discusión entre historiadores e expertos do mundo do mar sobre a práctica do raquerismo na costa galega. Práctica consistente en provocar afundimentos dende a costa para recoller os restos do naufraxio. O raquerismo aparece ben documentado noutras culturas da finisterre atlántica como a península de Dingle en Irlanda ou Cornualles na Bretaña, e mencionado por algúns autores na costa galega, sobre todo na Costa da Morte. Nas que se describe a colocación dun candil de luz colgando no corno dunha vaca que se paseaba nun lugar visible da costa, producindo un balanceo que simulaba a luz dunha embarcación navegando, achegandose a costa os barcos que observaban esta sinal e embarrancando. Aínda que o raquerismo é discutido en datas recentes, non o parece tanto en épocas anteriores como os séculos XVII e XVIII onde foi utilizado como método de defensa polas poboacións da costa contra os ataques piratas de turcos e normandos, e que debeu manterse en épocas posteriores como un cruel forma de rapiña. No referente o saqueo dos pecios, considerabase que todo o mundo tiña dereito a apropiarse do que fora abandonado "andar o raque", aínda que en moitas ocasións carecera de utilidade. Na memoria colectiva das pobocacións da beiramar quedan relatos dos restos que o mar achegaba a costa, madeiras, fardos, teas, caixas e multiples obxectos recollidos en praias e coídos e levados para a as casas onde eran reutilizados, aínda que, en ocasións, se descoñecia o seu autentico uso. Cando en 1927 o vapor francés Nil embarrancou na praia de Arou a xente de Camelle recolleu caixas de leite condensada que utilizaron para pintar portas e fiestras das súas casas.
A continuación relatanse oito naufraxios relacionados con San Miguel de Oia que ocorriron ao longo dos séculos XIX e XX, sete deles no mar desta parroquia e o oitavo sufrido por unha motora
con base en Canido.
- Afundimento da fragata mercante Flor do Mar a altura dos Caídos(1810).
Fragata mercante. S. XVIII. |
- Naufraxio con tres afogados na restinga de Cabo Estai (setembro 1903).
Unha embarcación adicada a
pesca matriculada en Marín foi a pique contra os baixos de Cabo
Estai en San Miguel de Oia vítima dunha noite de temporal con forte
oleaxe e ventos furacanados. A tripulación
formabana cinco tripulantes dos que perderon a vida o patrón, Vicente
Pena e os tripulantes Pedro Martínez
Veiga e José Iglesias, todos naturais de Marín. Puideron salvarese agarrados a
un anaco da embarcación o fillo do patrón e un mariñeiro.
- Bergantín afundido na Marosa(18 de Novembro de 1903).
O bergantín Dos Amigos de 380 toneladas de porte, inscrito na
comandancia de Vilagarcía, propiedade de
Victoriano Martí e Emilio Colomer da Pobra do Caramiñal e capitaneado por
Manuel Pérez Pérez facía a ruta
dende Santa Pola cargado de sal e
corteza de pino para a casa comercial Gil e Sequeiros de Vigo.
Cando navegaba
fronte a costa portuguesa desatouse un temporal con fortes ventos que lle destrozaron o velamen, con todo,
alcanzou a entrada da ría de Vigo “a pau seco”. A falla de velas para poder
navegar fixo que o que parecía a salvación converteuse nun perigo, a forte oleaxe e o vento lanzaban o barco contra a costa
rochosa. Cando largaron ancoras por
primeira vez a altura de Cabo Estai estaban
a trece brazas, o pouco a nove, de súpeto un violento golpe anunciaba
que encallaran nos baixos da Marosa, na costa máis batida polo mar da parroquia
de San Miguel de Oía.
Os
tripulantes lanzaronse en botes a
auga chegando a illa de Toralla onde
foron acollidos polo industrial da
salgadura e propietario da illa
Enrique Lameiro, dono da fábrica de
escabeche alí ubicada. Minutos despois
os propios tripulantes observaron como anacos do bergantín flotaban sobre as ondas indo a
parar as praias.
Bergantín. Debuxo. |
- Naufraxio do Abdón, palangreiro a vapor encallado en Cabo Estai (1909).
Este barco propiedade do
armador Abdón Pereira de Vigo formaba
parte daquela primeira flota de vapores que a inicios do século iniciaron a
motorización da pesca, primeiro coa
propulsión a vapor e a partir dos anos
vinte cos motores de explosión. Compaxinaban a pesca do cerco coa da pescada ou
ollomol ao palangre e incluso facían parella para o arrastre.
O domingo 10 de outubro de 1909 o Abdón
navegaba de regreso ao porto de
Vigo cargado con 400 ollo mois nunha tarde pechada de neboa. Eran as 18:30 cando a tripulación sentiu un forte golpe que detivo bruscamente a travesia do vapor,
percantandose que habían encallado nun fondo de rochas a poucos metros da costa, no lado Oeste de Cabo Estai.
Ante a imposibilidade de
mover o barco a tripulación acordou que
un deles intentara chegar a nado a costa, levando unha corda que serviría para
axudar na evacuación dos demáis, pero
non foi necesaria tan arriscada operación. Os tripulantes do Abdón contaron coa axuda de
dous mariñeiros de Oia que con unha gamela sacaron a toda a tripulación
do vapor mentres era barrido polo mar. Formaban
aquela tripulación : Patrón, Manuel Comillas, patrón de pesca, Ramón
Montenegro, maquinista, Antonio Rodríguez,
fogoneiro, Angel Rodes e os mariñeiros,
Vicente Montenegro, Francisco
Joaquin Groal, Felipe G. Argudín,
Victoriano Gómez e Fermín
Montenegro.
Tras o rescate os patróns
quedaron vixiando o vapor mentres os
mariñeiros se achegaron a unhas casas de San Miguel de Oia onde lle facilitaron roupa seca, comida quente e pasaron a noite, desprazandose a Vigo a pe o luns pola maña. Durante a noite o mar
levou a ponte do barco e todo o que había sobre a cuberta.
Quedara encallado entre duas pedras, unha a proa e outra a popa acabando por romperse o
casco pola forza do mar. Tras as inspeccións
realizadas no lugar do naufraxio nos días seguintes pola Sociedad
de Seguros Mutuos Marítimos considerouse imposible salvar o barco, que tiña o casco roto, tan so se valorou a posibilidade de salvar a
máquina e a caldeira.
- Abordaxe do Gabrielito nº 1 fronte a illa de Toralla (1922).
Trece anos e poucos meses
mais tarde, no inverno de 1922, a altura
da illa de Toralla o pesqueiro con base en Vigo Gabrielito nº 1 foi abordado
polo Weyler nº 2. Aconteceu en moi pouco
tempo, cando os mariñeiros do Gabrielito se decataron que un buque se lles viña enriba trataron de manobrar para
evitar a abordaxe, pero xa era demasiado tarde. O impacto foi de tal magnitude que abriu
unha fenda na amura de babor provocando o afundimento do pesqueiro en menos de dez
minutos, dandolle tempo os mariñeiros a saltar o Weyler nº 2 e ponerse a salvo.
- Naufraxio pola dinamita do Camila 2º(a música), motora de Canido afundida fronte a Cabo Silleiro (1945).
Oficialmente o naufraxio desta motora produciuse a causa dunha vía de auga producida as 1:00
horas do sábado 6 de outubro de 1945
cando regresaban a porto a altura de
Cabo Silleiro despois de haber capturado corenta cestas de parrocha. Este pesqueiro con base en Canido, bautizado Camila 2º, era propiedade dos armadores José García
Alonso e Rosendo Alonso Costas, e recordado na memoria colectiva como a Musica, porque parte da tripulación
foran ou eran músicos da banda da
parroquia.
O relato “non oficial” daquel naufraxio, recordado polo maiores da parroquia conta que
a Música afundiuse
cando faenaban a ardora
utilizando dinamita. Este tipo de
práctica, ilegal tamén naquel tempo, era utilizada dende alomenos principios
de século para a pesca do cerco pola noite(ardora). Cando se detectaba un banco de peixe,
lanzabase un pistón de dinamita ou de carburo atado a unha pedra para que fora
o fondo, onde se producía a explosión,
pero aquela noite de outono o pistón de dinamita lanzada dende o Camila 2º desprendeuse da pedra, quedando a flote a
carón do casco do barco producindose a explosión a pouca distancia deste que quedou danado con un oco na popa que o mandou o fondo en poucos
minutos.
A tripulación formada por
dez homes, ante a imposibilidade de subir todos a gamela auxiliar que levaban a
bordo, acordaron tirarse o mar agarrándose coas mans a gamela para permanecer a flote, mantendose dentro desta tan so un mariñeiro Adelino Cabezas, ata que os recolleu o Avión, barco de Moaña que faenaba polas inmediacións,
que logrou salvar a nove tripulantes, morrendo o veciño de Oia, Manuel Solla,
coñecido como Liviano que deixaba viuva e tres fillos.
Formaba parte daquela tripulación, Gabino
Costas “Pito” que aquel dia facía
horas extras no mar despois de traballar a xornada normal na fabrica de Pernas, así o
recordaba súa muller Laudelina Dios Misa:
…levaban unhas pedras e uns cartuchos de dinamita enton atabano con unha cordiña, asi atado
improvisadamente, dandolle duas voltas, rapido e tirabano, pero unha se soltou
e quedou flotando a dinamita pegada o barco e reventou…e cando me chegou a casa
en calzoncillos, o meu marido chejou en calzoncillos desnudo, e coas mans na
cabesiña, asustado de muerte, e dis que fora a musica o fondo, a musica era o
barco e salvaronse todos menos un…
Ainda que tivo lugar unha investigación polas autoriadades de mariña sobre este
accidente non chegou a descubrirse a
causa real do afundimento.
- Marcelino García, mariñeiro de Canido salva ós náufragos do Bahía Blanca. Novembro 1958.
Cando regresaba a
porto terminadas as faenas da pesca o Bahía Blanca, propiedade do armador
vigués Jesús Nuñez Saavedra acabou
batendo contra os baixos de Cabo Estai nun día de temporal. Non moi lonxe do lugar do sinistro faenaba coa súa gamela o mariñeiro de Canido
Marcelino García Iglesias que pese a
violencia da oleaxe acercouse ata as
pedras nas que se refuxiaron os dez membros da tripulación, despois de moitos
esforzos e arriscando a súa propia vida rescatou a todos os náufrafos achegandos a terra sans e a salvo.
Meses máis tarde Marcelino
García Iglesias foi condecorado coa Medalla de Salvamento de Náufragos nún
acto celebrado na Comandancia de Mariña de Vigo. As autoridades recoñeceron o
valeroso comportamento e espíritu solidadario deste veciño de San Miguel de
Oia. No
emotivo acto estiveron presentes os tripulantes do Bahía Blanca que tamén expresaron o seu
agradecemento e dos seus familiares ó gameleiro de Canido.
Acto de entrega da medalla de Salvamento de Náufragos a Marcelino García. Vigo, abril, 1958. |
- O Mar 12, bou encallado no petón de Cabo Estai (1978).
O naufraxio ainda recordado por moitos veciños de Oia foi o do Mar
12, un bou de 384 toneladas de
rexistro bruto propiedade da sociedade formada por Avelino Amor e José Manuel
Oya Pérea. Corría o 16 de marzo de 1978, aínda non habían aparecido parte dos cadáveres da trintena de vítimas do
conxelador Marbel nas illas Cies. O Mar 12 embarrancou cando
o patrón Amable Soto trataba de
situar o barco “a capa” a pouca máquina e coa proa o vento, nun día de forte temporal o abrigo da
costa. A 1:40 horas lanzou o primeiro SOS
que foi captado pola radio costera de Alcabre, informando que habían encallado nun petón de Cabo Estai.
O Mar 12 batido polo temporal nas horas posteriores o embarrancamento. |
Dende a Comandancia de Mariña iniciouse un
dispositivo de auxilio, saindo cara a Canido o remolcador José
Elduayen e o Dragaminas Navia. Ante a escasa visibilidade e as extremas condicións do mar os mariñeiros do Mar 12 tiveron que
esperar sete horas no barco ata a saida
do sol, cando puderon iniciarse as labouras de salvamento. Dende a costa
veciños e mariñeiros de Canido estiveron
iluminando cos seus coches o lugar do sinistro, mentres os mariñeiros
lanzaban bengalas dende a cuberta. Participou naquel salvamento o pesqueiro con
base en Canido Carolo propiedade de Olegario Alonso e do que formaban parte seus
fillos Candido e Julio, situaronse a poucos metros do barco lanzando un cabo que foi utilizado polas lanchas de salvamento para chegar ata o o barco sinistrado e salvar a tripulación. Tamén formou parte daquel operativo de rescate outro barco con base en Canido, o Caramuxo.
Meses atrás, o 31 de xaneiro de 1978 o Mar
12 abordara o barco de transporte de ría Tamén Vexo Redondela que
facía a liña de Moaña, no afundimento morreu afogado un neno de seis
meses e varios pasaxeiros sufriron lesións.
Fontes orais:
Laudelina Dios Misa. Canido. Oia.
Alfonso Miranda. O Cruceiro. Oia.
Fontes documentais:
La Correspondencia Española. 7.09.1884.
El Correo Gallego. 10.11.1903.
Diario de Pontevedra. 20.11.1903.
Faro de Vigo. 12.10.1909
Faro de Vigo. 9.10.1945
El Pueblo Gallego. 26.04.1958.
Libro das festas de Bouzas. 2011.
Fontes arquivísticas:
Arquivo Histórico Diocesano de Tui. Libro de defuncións da parroquia de Oia (1781-1837).
(Texto revisado e actualizado o 2.08.2015 e 18.04.2018)
Fontes orais:
Laudelina Dios Misa. Canido. Oia.
Alfonso Miranda. O Cruceiro. Oia.
Fontes documentais:
La Correspondencia Española. 7.09.1884.
El Correo Gallego. 10.11.1903.
Diario de Pontevedra. 20.11.1903.
Faro de Vigo. 12.10.1909
Faro de Vigo. 9.10.1945
El Pueblo Gallego. 26.04.1958.
Libro das festas de Bouzas. 2011.
Fontes arquivísticas:
Arquivo Histórico Diocesano de Tui. Libro de defuncións da parroquia de Oia (1781-1837).