Ás abellas habitan o planeta dende fai polomenos
18 millóns de anos, moito antes de que o
home fixera a súa aparición, ocupaban ocos baleiros que lle ofrecía a natureza con
pequenas entradas que as garnecían dos depredadores e aproveitaban a flora
circundante. O home ao longo do seu
proceso evolutivo foi practicando a caza e a recolección do que espontáneamente
lle ofrecía a natureza, co
coñecemento do lume e do fume
probablemente aprendeu a recoller o mel
e outros produtos como a cera e os propóleos.
Testemuña destes primeiros recolectores de mel aparecen nos gravados
rupestres da cova dá Araña en Bicorp (Valencia) datadas no mesolítico, fai aproximadamente uns dez mil anos, consideradas
testemuñas tardías desta actividade
humana.
Debuxo, abella mestra, zángano e obreira |
Parece claro que o aproveitamento alimenticio do
mel é tan antiguo como a presenza do
home sobre o planeta. Primeiramente como
simple colleiteiro dos enxames salvaxes, coa
sedentarización e o inicio dá agricultura pasou a reproducir o seu hábitat natural nos ocos dás
árbores facendo as primeiras colmeas con madeiros baleiros, vasillas de barro
ou cestas de palla, iniciando a
practica dá apicultura, documentada xa
en Exipto 2500 anos antes de cristo. Durante
séculos o mel foi a principal achega de azucre ata a chegada dá remolacha, a
cera o combustilble utilizado para a iluminación e diversos usos domésticos.
Nas culturas de tradición helénica, latina e xermánica as abellas personifican a alma. Para Murguía, na tradición popular galega a abella estaba estreitamente ligada as cerimonias fúnebres, representa a alma lixeira, alada como ela, que abandoa a colmea na que fabrica a doce mel da vida. Segundo Porfirio, na antiguedade creíase que a alma dos mortos descendía da lúa a terra en forma de abella, de onde derivaría a creenza popular de que ten cen anos de pena(purgatorio) o que mata unha abella.

O que mata un abellón
ten cen anos de perdón
O que mata unha abella
ten cen anos de pena
No ámbito do coñecemento científico, habería que esperar ata o século XVI para coñecer a existencia da abella mestra ou abella
nai e a posta de ovos, a partir de finais do século XVIII inicianse os grandes descubrimentos sobre a bioloxía e
comportamento das abellas que revolucionaron as formas de explotación. Francois Huber
aristócrata suizo deseña a colmea
libro en 1789 que permitiu a observación do interior da colonía, décadas
máis tarde o pastor protestante
norteamericano Lorenzo Langstroth descubre en 1851 o paso de abellas iniciando a utilización de cadros mobiles e a apicultura con colmeas mobilistas. Que serían
introducidas en Galicia da man de Benigno Ledo, o cura das abellas, párroco da parroquia de Argozón en Chantada Lugo, nas décadas de 1920-1930.
Benigno Ledo, o cura das abellas. 1927. |
Pero estes avances que estaban a mudar a cría e manexo das abellas non chegarían a apicultura que practicaban
os nosos avós, que era a mesma que se había realizando dende os inicios da
agricultura e a gandería, consistente en
manexos sinxelos como recoller enxames para multiplicar as colonias e castrar as colmeas para a extracción do
mel e da cera.
Naquel tempo, moitas casas da parroquia tiñan uns poucos de cortizos, a colmea tradicional galega e o utilizada en Oia e
contorna, con forma cilíndrica segundo o
toro da árbore de onde fora extraído. Tamén podían ser cuadrangulares feitos con
táboas clavadas. Situabanse nun recuncho
do eido, onde se plantaban herbas aromáticas como romeu, hortelan, herba abelleira,
orientadas o sur e abrigadas dos
ventos fríos do norte, situadas sobre
unha pedra plana, a soleira, que lle servia de
chan e as aillaba da humidade da terra, cubertos
coa coroza, feita con
palla de centeo para protexelos da chuvia e do sol.
Colmear de cortizos. |
Os cortizos podían facelos os propios abelleiros cando dispuñan dalgunha sobreira da que extraer a cortiza, pero maiormente comprabanos xa feitos nas feiras. A
orientación norte da parroquia de San
Miguel de Oia non é doada para a arbore
da sobreira (Quercus suber), moi esixente en calor, aínda
que sempre houbo algún repartido polas tomadas mais soleadas e en algún eido. A
cuberta da sobreira, cortiza, extraíase
o comezo do verán, por San
Xoan coa mán, momento en que se desprende da árbore con máis facilidade. Utilizabanse dúas
estacas afiadas na punta, dabase un
corte cunhha machada arredor da base da árbore e outro pola parte alta, e facíase un corte recto darriba para abaixo. Coas
estacas iase despegando a cortiza do madeiro, sen ferir este para que
rexenerara nunha nova cuberta, amodo e con coidado, sacando toda a peza, despois deixábase secar.
Durante o inverno faciase o cortizo,
que tiña o diámetro da arbore de onde se sacara a cortiza, colocabanselle as crucetas, feitas con pau de sanguiño (Rhamnus frangula) para facilitarlle as abellas a
construción dos favos de cera e pechabase
pola parte superior coa tapa, tamén
de cortiza.
Extracción da cortiza, facendo o corte polo pe da sobreira. |
Extracción da cortiza. Facendo o corte o alto. |
Cortiza |
Na cultura tradicional galega
as persoas que cultivaban abellas coñeciaselles como abelleiros. No lugar do Cerqueiro do barrio de Gontade naceu en 1888, Magdalena Alvarez Rouco, coñecida como a maioría dos maiores deste barrio co
alcume afectivo-familiar de Tía Madalena. Coidaba dun pequeño colmear
formado por máis dunha ducia de cortizos, arrimados a casa e orientados o mediodía.
Cada ano durante a primavera saen a voar os enxames, polo que, todas as mañas de sol e calor Tía Madalena vixiaba ás abellas, e si facían barba na entrada do cortizo aquel día o enxame voaba. Permanecía alerta ata que polo mediodía as abellas enxameadoras coa mestra vella botaban a voar, normalmente pousaban nalgunha árbore ou cepa de viña no mesmo eido, pero en ocasións aquela inmensa nube de abellas voaba lonxe da casa, entón Tía Madalena, facia soar un legón golpeando con unha pedra ou outro obxeto metálico mentres seguía o voo do enxame e cantaba: pousa mestra pousa, pousa mestra pousa, pousa en calquera cousa, ata que a mestra pousaba e con ela o enxame, faciao nunha viña ou nunha arbore dun eido veciño. Este ritual realizado por Tía Madalena ten o seu orixe no dereito romano do que beben numerosos usos e costumes da nosa cultura tradicional, no que as abellas teñen a consideración de ben do aire. Unha vez que un enxame sae do cortizo e inicia o voo pertenece a quen o persegue e so cando se abandona a persecución as abellas recobran a sua natureza xurídica de ben do aire, pudendo a partir dese momento apropiarse del o primeiro que as atope. Os veciños tiñan a obriga de deixar pasar polos seus eidos e campos o dono do enxame durante a persecución, pois as abellas non entenden de lindes nin de propiedades. O comportamento de facer ruido con materiais metálicos como legóns, tal e como facía Tía Madalena era unha maneira de acreditar a propiedade do enxame e que se estaba realizando a persecución, evitando que outra persoa se apropiase deste. Co tempo esta práctica converteuse nun rito esquecendose a súa natureza xurídica.
Debuxo. Apicultor manexando colmeas. |

Debuxo. Enxame. |
Tra-la persecución do enxame
Tía Madalena entraba no eido onde pousara e cubría as abellas con unha
saba branca. A tardiña do mesmo día
preparaba o cortizo onde ia a gardar o enxame, tapaba con bosta os buratos das xuntas e da tapa
do cortizo e embadurnabao por dentro con
unha mixtura de mel e viño para facelo
máis atractivo as abellas; noutras
parroquias da contorna como Coruxo, o cortizo sumerxiano en auga e frotabano con herba sidreira tamén chamada
herba abelleira (Melissa Oficcinalis).
Colocabao debaixo do enxame, daballe un golpe seco a póla ou vide na que pousara o enxame, caindo as abellas dentro do cortizo, levábao axiña para o colmear. E así ata que outro día
soleado de abril ou maio en que outro
enxame botara a voar.
Pola menguante de setembro Tía Madalena castraba as
cortizos, non utilizaba ningun tipo de protección contra as picaduras, tan só apretaba a pañoleta arredor da cara e
facía fume con bosta seca entre dúas tellas
para amansar as abellas. Abría a tapa do
cortizo, e con coidado e amodiño, que e como ela trataba as abellas, afumaba e iba
cortando os favos de mel ata chegar a cruceta superior, botandos nunha tarteira, así un cortizo tras
outro. Despois, xa na cociña ou na bodega, exprimía os
favos coa man facendo bolos de cera para extraer o mel, recibindo sempre algunha que outra picadura
das abellas que quedaban atrapadas entre
os favos. Para aliviar as picaduras Tía Madalena utilizaba unha
moeda de cobre que colocaba presionando enriba do lugar afectado ou fregabao con allo.
Aquel mel recollido na menguante de setembro era de cor escuro, casi negro, porque as abellas
pecoreaban nas grandes extensións de carrasco
(Erica Umbellata) do monte comunal,
sin repoblar por aqueles anos. Consumíase na casa como mediciña
para muitas doenzas, levabase a vender
as feiras ou a festa de San Cosme e San
Damián en Baiona, cada 26 de
setembro, onde os abelleiros da bisbarra
situabanse coas suas tarteiras cheas de mel arredor da igrexa de Santa Liberata ofrecendo as súas colleitas. Tamén se utilizaba para agasallar e ter de man as persoas
influentes da época, o cura, o médico, o mestre ou para enviar os
familiares emigrados en America, nestes casos encargabase os envases o follalateiro, o máis próximo era o Callajo de Coruxo. Cando un veciño necesitaba mel para un remedio
dabaselle o que fixera falla e non se
cobraba.
Abelleiro vendendo mel na festa de San Cosme. Baiona. |
Outros veciños tiñan únicamente
uns poucos de cortizos para o consumo
familiar, a estes castraballos o cereiro, que xeralmente era o mesmo
capador dos porcos. Viñan de lonxe, das comarcas da Paradanta ou de Terra de
Montes, facendo soar o peculiar silbato que os identificaba. Castraban os cortizos e a cambio levaban os favos de cera; tamén lla compraban os abelleiros que realizaban eles mesmos a castra como Tía Madalena e voltaban para as súas aldeas onde dispuñan de lagares para transformar os favos
en cera coa que elaborar candeas
ou exvotos.
Magdalena Alvarez Rouco. |
Magdalena Álvarez Rouco, a última abelleira de Oia, era filla de Rosa Rouco e José Álvarez, casou con Hipólito Valverde tamén veciño do lugar do Cerqueiro no barrio
de Gontade, quen de mozo emigrou a Bos
Aires onde traballou durante anos como panadeiro, regresando nos primeiros anos do século con
uns aforros que lle permitiron construir unha casa no eido das Laxes tamén no
Cerqueiro e mercar campos, viñas e tomadas.
Madalena e Hipólito
foron o resto da súa vida labradores, xente de campo adicados a producir millo, patacas, centeo, trigo, e sobre todo viño,
vendendo os excedentes e criando bois e outros animais. Foron a última xeneración de labregos parcelarios que practicaron a agricultura baseada no autoconsumo, na que tiña unha gran importancia as capacidades e habilidades do propio labrego, Hipólito do Cerqueiro era zapateiro, carpinteiro, panadeiro, puña inxeccións, quitaba móas, o tempo que salgaba ou afumaba xurelos e sardiñas, secaba pulpo ou castañas e elaboraba na casa sardiñas en lata para levar a mesa durante o inverno. Formaron parte daquela xeneración de homes e mulleres que a finais do século XIX e inicios do XX sairon das súas aldeas e parroquias para atravesar o Atlántico e facer fortuna nas grandes metrópolis americanas, regresando a súa terra onde incorporaron o facer tradicional novos valores, costumes e saberes aprendidos na emigración. Gustaban de reunirse a recordar o tempo que viviron como americanos. Para eles estaba máis lonxe Madrid ou Barcelona que Bos Aires ou Montevideo, das que coñecían polo miudo barrios e rúas onde habían vivido e traballado. Xeneración que iniciaron a modernizaron da agricultura tradicional asociandose para defender os intereses do pequeno campesiñado propietario mediante o agrarismo, do que foi un dos seus principais logros a abolición dos foros en 1926, o último residuo do feudalismo. Movemento que atoparía o seu drástico final, como tantas outras cousas, na guerra civil.
Tía Madalena tamén era unha muller polifacética, o mesmo manexaba un carro con unha xunta de bois cargado de batume, recollía un enxame, facía unha cesta de bimbios ou atendía a pota da augardente cando o augardenteiro botaba un sono ou relaxabase máis da conta xogando as cartas. Dúas eran as suas devocións, a igrexa e as cartas, como a maioría dos veciños de Oia naqueles anos para Tía Madalena o mellor divertimento era unha tarde de brisca, tute ou escoba rodeada de veciños e familiares. Morreu os 94 anos en 1981.

___________________
Fontes orais :
Amparo Acuña Valverde. Tarrio. Coruxo. Vigo
Carmen Valverde Lorenzo. Coruxo. Vigo.
Fontes orais :
Amparo Acuña Valverde. Tarrio. Coruxo. Vigo
Carmen Valverde Lorenzo. Coruxo. Vigo.