Memoria de Oia pretende ser un instrumento para recoller e difundir a microhistoria e a cultura popular desta parroquia, a vez que defender e poñer en valor o seu patrimonio arqueolóxico, etnográfico e natural. Unha fiestra aberta a participación daqueles que teñan algo que contar e compartir, microrelatos, documentos, contos, fotografías ou historias anónimas que quedaron arrombadas nos faiados ou na memoria dos nosos avós.

domingo, 7 de setembro de 2014

Naufraxios na recente historia de Oia

Durante séculos a navegación  supuña enormes riscos para mariñeiros e mareantes pola precariedade dás embarcacións e  pola ausencia de sistemas de navegación e  sinalizacións. Durante os séculos XVI e XVII un de cada tres barcos que cruzaba o Atlántico non regresaba, e con él, a tripulación.  Coa ilustración do XVIII iníciase  unha tímida  instalación de luminarias nos lugares máis  difíciles para a navegación,  a primeira delas na Torre de Hércules en 1791. O primeiro faro instalado na ría de Vigo foi no monte da Guía, construido en 1844 para sinalizar a entrada o porto de Vigo. A boca  da ría  iluminouse por primeira vez en 1853 coa instalación da luminaria  do Montefaro nas illas Cies.  A mediados do século XIX  tan so existían en toda a costa española vinte faros que utilizaban lámparas alimentadas con aceite de oliva,  pasando  despois a parafina e  o petróleo. En 1862  inagurouse o  faro de Silleiro,  construído inicialmente o nivel do mar e sustiuído polo actual,  nunha cota máis elevada en 1924. A electrificación iniciase a finais  do XIX e a utilizacion de sirenas. O primeiro faro eléctrico da costa galega e española  foi cabo Vilano en 1881, Finisterre non o sería ata 1931.


Barco embarrancado nunha praia.

Despois dá guerra civil construense ás luces de enfilación do porto de Canido consistentes nunha torre no mar a altura da Marosa e outra na punta de peirao, obras coas que se remataba a construción deste porto iniciado en 1933.  Anos despois,  levantaríase o Radio-faro  de Cabo  Estai, conxunto dotado dunha torre de iluminación, radiofaro e sirena. A torre de Cabo Estai non é un  faro con linterna xiratoria,  ven a ser  unha enfilación que axuda  o posicionamento dos barcos mediante unha  luz fixa  que se proxecta dende un ventanuco. Os radiofaros foron outro instrumento de apoio a navegación que se  empezaron a instalar nos anos vinte coa función de transmitir avisos os navegantes.

Radiofaro de Cabo Estai

A remolque  dás sinalizacións desenvolvese o  salvamento marítimo, que como tantas outras cousas, chegou a este pais décadas despois da implantación polos países do norte,  inicialmente  como forma de altruismo benéfico-caritativo. A  Sociedad Española de Salvamento de Náufragos  fundada en 1880 estableceu  as primeiras estacións de salvamento  na costa galega en portos  como Ribadeo, Ferrol, Coruña, Corrubedo, Vilagarcia, Cambados e Vigo. Seguía o exemplo de Inglaterra  onde actuaba dende 1824 a Royal National Lifeboat Institutión

Anagrama de Sociedade Española de Salvamento de Náufragos. 1880.

Os naufraxios forman  parte da historia máis dramática da xente da beiramar galega, cos que conviviron durante séculos e que deixaron  preto de 2000 pecios nos fondos dá nosa   costa.  Neles perderon a vida centos de  mariñeiros, tripulantes e  pasaxeiros.  Non obstante, aquelas traxedias  supuxeron algunha que outra alegría material para os empobrecidos habitantes da costa que se beneficiaban dos restos do naufraxio, e que semella  non sempre foran simples accidentes. A día de hoxe mantense certa discusión entre historiadores e expertos do mundo do mar sobre a práctica do raquerismo na costa galega. Práctica consistente en provocar afundimentos dende a costa para recoller os restos do naufraxio. O raquerismo aparece ben documentado  noutras culturas  da finisterre atlántica como a península de Dingle en Irlanda ou  Cornualles na Bretaña,  e mencionado por algúns autores  na costa galega, sobre todo na Costa da Morte.  Nas que se describe a colocación dun candil de luz colgando no corno dunha vaca  que se paseaba nun lugar visible da costa,  producindo un balanceo que simulaba a luz dunha embarcación navegando, achegandose a costa os barcos que observaban esta sinal e embarrancando. Aínda que o raquerismo  é discutido en datas recentes,  non o parece tanto en épocas anteriores como os séculos XVII e XVIII onde foi  utilizado como método de defensa polas poboacións da costa contra os ataques piratas de  turcos e normandos, e que debeu manterse en épocas posteriores como un cruel forma de rapiña.  No referente o saqueo dos pecios, considerabase que todo o mundo tiña dereito a apropiarse do que fora abandonado "andar o raque", aínda que en moitas ocasións carecera  de utilidade. Na memoria colectiva das pobocacións da beiramar quedan relatos  dos restos que o mar achegaba a costa, madeiras, fardos, teas, caixas e multiples obxectos recollidos en praias e coídos  e levados para a as casas  onde eran reutilizados, aínda que, en ocasións, se descoñecia o seu autentico uso. Cando en 1927  o vapor francés  Nil embarrancou na praia de Arou a  xente de Camelle  recolleu caixas de leite   condensada que utilizaron para pintar portas e fiestras das súas casas.

A continuación  relatanse cinco naufraxios relacionados con San Miguel de Oia que ocorriron ao longo dos séculos XIX e XX, catro  deles no mar desta parroquia e o quinto sufrido por unha motora con base en Canido.

  • Afundimento da fragata mercante Flor do Mar a altura dos Caídos(1810). 
Flor do Mar foi a pique cando realizaba a ruta de cabotaxe entre Oporto e Vigo cargada de mercadurías e pasaxeiros. A última travesía daquela fragata  de  tres paus rematou de xeito dramático na costa rochosa de San Miguel de Oia, no lugar denominado Os Caídos, a altura do barrio de A Mide. O libro de rexistro de defuncións da parroquia de Oia daquel ano recolle alomenos un morto por este naufraxio, chamabase Manuel Antonio Fonseca y Pereira, de profesión cirurxián e nacionalidade portuguesa. Recibiu sepultura no atrio da igrexa de Oia o 7 de abril de 1810.

Fragata mercante. S. XVIII.


  • Naufraxio do Abdón,  palangreiro a vapor encallado en  Cabo Estai  (1909).

Este barco propiedade do armador Abdón Pereira de Vigo  formaba parte daquela primeira flota de vapores que a inicios do século iniciaron a motorización da pesca,  primeiro coa propulsión a  vapor e a partir dos anos vinte cos motores de explosión. Compaxinaban a pesca do cerco coa da pescada ou ollomol ao palangre e incluso facían parella para o arrastre.

O domingo 10 de outubro de 1909 o  Abdón  navegaba de regreso ao  porto de Vigo cargado con 400 ollo mois  nunha  tarde pechada de neboa. Eran as  18:30 cando a tripulación sentiu  un  forte golpe que detivo  bruscamente a travesia do  vapor,  percantandose que habían encallado nun fondo de rochas a poucos metros  da  costa,   no lado Oeste de Cabo Estai.

Ante a imposibilidade de mover o barco a tripulación acordou  que un deles intentara chegar a nado a costa, levando unha corda que serviría para axudar na evacuación dos demáis,   pero non foi necesaria tan arriscada operación.  Os tripulantes do Abdón contaron  coa axuda de  dous mariñeiros de Oia que con unha gamela sacaron a toda a tripulación do  vapor mentres era barrido polo mar. Formaban aquela  tripulación : Patrón, Manuel Comillas, patrón de pesca, Ramón Montenegro,  maquinista, Antonio Rodríguez, fogoneiro, Angel Rodes  e  os mariñeiros,  Vicente  Montenegro, Francisco Joaquin Groal, Felipe G. Argudín,  Victoriano Gómez  e Fermín Montenegro.

Tras o rescate os patróns quedaron vixiando  o vapor mentres os mariñeiros se achegaron a unhas casas de San Miguel de Oia onde lle facilitaron roupa seca, comida quente  e   pasaron a noite, desprazandose a  Vigo a pe o luns pola maña. Durante a noite o mar levou  a ponte  do barco e todo o que había sobre a cuberta. Quedara  encallado entre  duas pedras, unha  a proa e outra a popa acabando por romperse o casco pola forza do mar. Tras as inspeccións  realizadas no lugar do naufraxio nos días seguintes pola  Sociedad de Seguros Mutuos Marítimos considerouse imposible salvar o barco,  que tiña o casco roto,  tan so se valorou a posibilidade de salvar a máquina e a caldeira.

  • Abordaxe do Gabrielito nº 1 fronte a illa de   Toralla (1922).
Trece anos e poucos meses mais tarde,   no inverno de 1922, a altura da illa de Toralla o pesqueiro con base en Vigo Gabrielito nº 1 foi abordado polo  Weyler nº 2. Aconteceu en moi pouco tempo,  cando os mariñeiros do Gabrielito  se decataron que un buque se lles viña enriba trataron de manobrar para evitar  a abordaxe,  pero xa era demasiado tarde.   O impacto foi de tal magnitude que abriu unha fenda na amura de babor provocando o afundimento do pesqueiro en menos de dez minutos, dandolle tempo os mariñeiros a saltar o Weyler nº 2 e ponerse a salvo.

  • Naufraxio pola dinamita do Camila 2º(a música), motora de Canido afundida  fronte a Cabo Silleiro  (1945).
Oficialmente  o naufraxio desta motora produciuse  a causa dunha vía de auga producida as 1:00 horas do  sábado 6 de outubro de 1945 cando regresaban a porto a altura de Cabo Silleiro despois de haber capturado corenta cestas de parrocha. Este pesqueiro con base en Canido,  bautizado Camila 2º, era propiedade dos armadores  José García Alonso e Rosendo Alonso Costas,  e recordado na memoria colectiva como  a Musica,  porque parte da tripulación foran ou eran músicos da banda da parroquia.  

O relato  “non oficial” daquel naufraxio,  recordado polo maiores da parroquia  conta que  a Música  afundiuse  cando faenaban a ardora  utilizando dinamita. Este tipo de práctica, ilegal tamén naquel tempo,  era utilizada dende alomenos principios de século para a pesca  do cerco pola noite(ardora).  Cando se detectaba un banco de peixe, lanzabase un pistón de dinamita ou de carburo atado a unha pedra para que fora o fondo, onde  se producía a explosión, pero aquela noite de outono  o pistón de  dinamita lanzada dende o Camila 2º  desprendeuse da pedra, quedando a flote a carón do casco do barco producindose a explosión a pouca distancia deste  que quedou danado con  un oco na popa que o mandou o fondo en poucos minutos.  

A tripulación formada por dez homes, ante a imposibilidade de subir todos a gamela auxiliar que levaban a bordo, acordaron tirarse  o mar agarrándose  coas mans a gamela para permanecer  a flote,   mantendose dentro desta tan so  un mariñeiro  Adelino Cabezas,  ata que os recolleu o Avión,   barco de Moaña que faenaba polas inmediacións,  que logrou salvar a nove  tripulantes, morrendo o veciño de Oia,  Manuel Solla,  coñecido como   Liviano que deixaba viuva e tres fillos.  Formaba parte daquela tripulación,  Gabino Costas “Pito” que aquel dia facía horas extras no mar despois de traballar a xornada normal na fabrica de Pernas,  así o recordaba  súa muller Laudelina Dios Misa:

…levaban unhas pedras e uns cartuchos de dinamita  enton atabano con unha cordiña, asi atado improvisadamente, dandolle duas voltas, rapido e tirabano, pero unha se soltou e quedou flotando a dinamita pegada o barco e reventou…e cando me chegou a casa en calzoncillos, o meu marido chejou en calzoncillos desnudo, e coas mans na cabesiña, asustado de muerte, e dis que fora a musica o fondo, a musica era o barco  e salvaronse todos menos un…

Ainda que tivo lugar  unha investigación  polas autoriadades de mariña sobre este accidente non chegou a descubrirse  a causa real do afundimento.

  • O  Mar 12, bou  encallado no petón de Cabo Estai (1978).
O naufraxio  ainda recordado  por moitos veciños de Oia foi o do Mar 12,  un bou de 384 toneladas de rexistro bruto propiedade da sociedade formada por Avelino Amor e José Manuel Oya Pérea. Corría o 16 de marzo de 1978, aínda non habían aparecido  parte dos cadáveres da trintena de vítimas do conxelador Marbel nas illas Cies. O Mar 12 embarrancou cando o patrón Amable Soto trataba de situar o barco “a capa  a pouca máquina e coa proa o vento, nun día de forte temporal o abrigo da costa. A 1:40 horas lanzou o primeiro SOS  que foi captado pola radio costera de Alcabre, informando que  habían encallado nun petón de Cabo Estai. 


O Mar 12 batido polo temporal nas horas posteriores o embarrancamento.

O Mar 12 cuberto pola ondas.

Dende a Comandancia de Mariña iniciouse un   dispositivo de auxilio, saindo  cara a Canido o remolcador José Elduayen e o Dragaminas Navia. Ante a escasa visibilidade  e as extremas condicións  do mar os mariñeiros do Mar 12 tiveron que esperar sete horas no barco  ata a saida do sol, cando puderon iniciarse as labouras de salvamento.  Dende a costa  veciños e mariñeiros de Canido estiveron  iluminando cos seus coches o lugar do sinistro, mentres os mariñeiros lanzaban bengalas dende a cuberta.  Participou naquel salvamento o pesqueiro con base en Canido  Carolo propiedade de Olegario Alonso e do que formaban parte seus fillos Candido e Julio, situaronse a poucos metros do barco  lanzando un cabo  que foi utilizado polas lanchas  de salvamento para chegar ata o o barco sinistrado e   salvar a tripulación.  Tamén formou parte daquel operativo de rescate outro barco con base en Canido,  o Caramuxo. Meses atrás, o 31 de xaneiro de 1978 o Mar 12 abordara o barco de transporte de ría Tamén Vexo Redondela que facía a liña de Moaña, no afundimento  morreu afogado un neno de seis meses e varios pasaxeiros sufriron lesións.

(Texto revisado e actualizado o  2 .08.2015)

Fontes orais:
Laudelina Dios Misa. Canido. Oia.
Alfonso Miranda. O Cruceiro. Oia.

Fontes documentais:
Faro de Vigo. 12.10.1909
Faro de Vigo. 9.10.1945
Libro das festas de Bouzas. 2011.

Fontes arquivísticas:
ARquivo  Histórico Diocesano de Tui. Libro de defuncións da parroquia de Oia (1781-1837).